O Pleno insta á Xunta á gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro
Os socialistas presentaron unha moción na que solicitan á Xunta a decretar a gratuidade do aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como á cesión dunha parcela para a construción dun novo aparcadoiro para utilización gratuíta de traballadores e usuarios.
O Grupo Municipal Socialista aprobou a súa moción na que insta á Xunta de Galicia a decretar a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como a cesión da parcela 5 do Complexo Hospitalario, de forma gratuíta o por adquisición, co obxecto de construír un novo aparcadoiro municipal gratuíto para traballadores e usuarios.
Esta cuestión, que xa foi sometida a debate noutras ocasións, contou co voto a favor dos socialistas, o Grupo Mixto e o edil non adscrito. O Grupo Popular votou en contra.
O edil Carlos López Font lamentou que o goberno autonómico aínda non atendera esta petición, “o que supón un copagamento á sanidade”. Os socialistas alegan que “sete anos despois o beneficio para a concesionaria segue sendo cuantioso”
López Font defendeu que o goberno local “aliviou” a situación coa construción dun aparcadoiro con 400 prazas, e que “ten vontade para construír un novo aparcamento por parte do Concello se a Xunta cede a Parcela 5 do Complexo Hospitalario.
Subvencións de voos
O portavoz do Grupo Municipal Socialista tamén de defendeu instar á Xunta a facer públicas todas aquelas acción que teñan realizado as diferentes entidades do sector público autonómico a través de transferencias ou subvencións, directas ou indirectas, a compañías aéreas ou a outras entidades, públicas ou privadas, que realicen accións para atraer viaxeiros á comunidade autónoma. López Font considera que “non se corresponde coa realidade” y afirma que “o sector público autonómico ven realizando distintas actuacións para influír nas rutas e compañías aéreas que actúan en Galeicia, en detrimento do aeroporto de Vigo.
Pistas de Balaídos
O Pleno aprobou “adoptar maior axilidade a todas as medidas necesarias para resolver as deficiencias nas pistas de atletismo de Balaídos”. A moción do edil non adscrito tamén solicita a executar o compromiso entre Concello e Xunta para a reforma integral das pistas.