Jaime Aneiros: “O Concello de Vigo é unha administración fiable, pagamos as facturas en 10 días”
O edil de Facenda deu conta no pleno municipal do mes de outubro do cumprimento de prazos de pago das obrigas do Concello de Vigo.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta ao resto da corporación municipal do Informe Trimestral de Tesourería. O documento recolle máis de 50 millóns, “sendo a administración con maior volume de obras en execución”. Segundo explicou o edil, “pagamos en 10 días, mentres cidades como Ourense e Santiago o fan en 110 e 73, respectivamente”, engadindo que “debemos por en valor a xestión económica deste goberno e seguir na boa senda”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular di que “só pagaron o 38%, especialmente do capítulo 6”. Polo Grupo Mixto, o seu representante manifestou a importancia de realizar unha “inversión ofensiva, para realizar grandes infraestruturas”. O edil Non Adscrito dixo que estábamos “pagan rápido, porque pagan pouco”.
O responsable de Facenda tamén puxo de manifesto “a transformación da cidade a través duns orzamentos récord” que o Goberno Local porá en marcha para 2023.