Escoitar

A ocupación hoteleira na cidade acadou o 81% no mes de setembro

Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman a Vigo como unha potencia turística, logo de alcanzar unha ocupación hoteleira do 81% no mes de setembro. En número de visitantes, a cifra é practicamente igual que no mesmo mes de 2019, un ano de récord histórico para a cidade desde o punto de vista do turismo.

martes, 25 out 2022

Abel Caballero deu conta esta mañá dos datos do INE que sitúan a ocupación hoteleira do mes de setembro no 81%, superando o ano 2019. En canto a o número de turistas, trátase do segundo mellor dato da serie histórica case igualado ao último ano prepandemia. Estes datos, dixo, evidencian que Vigo xa é unha potencia turística incluso en temporada baixa.

 

 

 

Descargar todas as imaxes