O Concello inviste 274.000 euros na humanización da rúa Tercio de Afora
Abel Caballero participou este xoves no acto simbólico de colocación da primeira pedra das obras que supoñerán o cambio desta vía que, segundo explicou, se atopa en “estado lamentable” e que incrementará o ancho e gañará beirarrúas.
O alcalde deu conta en rolda de prensa do investimento que supoñerá a humanización “como corresponde” de Tercio de Afora: 274.000 euros para mellorar esta rúa que conecta Urzáiz con Escultor Gregorio Fernández e que se atopa nun “estado lamentable”.
As obras inclúen a construción de beirarrúas de granito, a instalación de 11 luminarias, a renovación das redes de abastecemento, de saneamento, unha rede de pluviais unitaria xa que “hai un número importante de roturas das redes nesa zona”, unha nova canalización de telecomunicación e de electricidade soterrada. Amais plantaranse 6 árbores e instalaranse xardineiras.
Tal e com apuntou, a rúa quedará máis ancha e para conseguir aumentar a vía o goberno municipal aprobou convenios de cesión dos terreos afectados con 13 propietarios das 5 parcelas afectadas.