O alumnado do CEIP O Pombal visita o Concello
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal
