O alcalde desexa a mellor travesía ao Buque Escola indonesio Bima Suci

luns, 18 set 2017

Abel Caballero realizou este luns o acto simbólico de solta das amarras do Buque Escola Bima Suci da Armada indonesia, que parte hoxe cara ao seu país desde o Porto de Vigo, logo de ser entregado polos Estaleiros Freire. O rexedor transmitiulles os mellores desexos para as xornadas de mar que teñen por diante e aludiu á amizade que xa une a Vigo e Indonesia, logo do traballo conxunto e as experiencias vividas durante o proceso de construción da nave.

O alcalde pon en valor o papel do sector pesqueiro na economía viguesa

luns, 11 set 2017

No marco da inauguración da VIII Conferencia Mundial do Atún, que reúne hoxe e mañá en Vigo a máis de 300 profesionais para abordar a situación da industria transformadora e conserveira, Abel Caballero sinalou a importancia da pesca na cidade e na economía galega e apuntou a competitividade do sector como clave para ofrecer o mellor produto á cidadanía. Amais, deulle a benvida a Vigo a todos os participantes e felicitou á organización polo éxito do evento cada ano. No acto, estiveron presentes o presidente da Xunta, o secretario xeral de Pesa, Alberto López-Asenjo así o presidente e o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Jesús Alonso Escurís e Juan Manuel Vieites.

O alcalde participa na inauguración do curso académico universitario 2017-2018

venres, 8 set 2017

Abel Caballero achegouse esta mañá á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para participar na apertura do curso académico 2017-2018 no que tamén estiveron presentes aos reitores das tres universidades galegas, entre outras autoridades. A lección inaugural correu a cargo do profesor doutor Jesús Simal Gándara quen ofreceu unha conferencia titulada "Deseñando aceites de oliva gourmet en Galicia". <br />