Escoitar

O Concello implantará Zonas de Baixas Emisións en catro espazos da cidade

Vigo optará a fondos europeos para a implantación de Zonas de Baixas Emisións que se estenderán ao longo de máis de 67 hectáreas dividas en zonas: centro, Plaza Portugal, Bouzas e Calvario. Con este obxectivo optará a máis de 5 millóns de fondos europeos, una cifra se supera os 9 millóns nesta fase xa que inclúe cinco elementos de mobilidade sostible.

xoves, 29 set 2022

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a participación de Vigo na segunda convocatoria do Ministerio de Transportes de axudas a municipios para a implantación de Zonas de Baixas Emisións (ZBE) e a transformación sostible do transporte urbano. En rolda de prensa, Caballero lembrou que a Lei de Cambio Climático obriga aos concellos de máis de 50.000 habitantes á implantación destas áreas para o que aspira a obter fondos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Dentro das actuacións de tipo I, aquelas que recollen inversións para a implantación de ZBE, o Concello elaborou unha proposta na que se delimita unha superficie de máis de 67 hectáreas nas que se vai restrinxir a circulación dos vehículos máis contaminantes dividíndoa en catro áreas. Zona Centro: delimitada polo perímetro interior das rúas Cánovas del Castillo, García Olloqui, Plaza Compostela, Colón, Urzáiz, Magallanes, Gil, Ronda don Bosco, Paseo de Granada, Cachamuiña, Falperra, Pi i Margall, Llorente, Santa Marta, Conde de Torrecedeira, Gaiteiro Ricardo Portela, San Francisco, Berbés e Avda de Madrid (400.000 m²); zona Plaza Portugal,delimitada polo perímetro interior das rúas Uruguay, República Argentina, Cervantes, Urzáiz, Lepanto y Alfonso XIII (37.800 m²); zona Bouzas, delimitada polo perímetro interior das rúas Paseo Paz Andrade, Eduardo Caballo, Simancas, Camilo Veiga, Avda Atlántida (170.000 m²); e, por último, zona Calvario, delimitada polo perímetro interior das rúas Jenaro de la Fuente, Urzáiz e Gregorio Espino (64.000m2). A posta en marcha desta iniciativa ten un importe de 5.452.100 euros, dos que se solicitarán 4.055.281 euros.

A elección destas zonas vén determinada, segundo explicou, por criterios como a densidade de poboación, de intensidade, contaminación acústica, alternativas de alta capacidade aos itinerarios da zona e escasa proximidade a zonas verdes. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Respecto dos puntos de control das zonas ZBE, instalaranse cámaras nos puntos de acceso e saída e, coa aplicación de algoritmos matemáticos de Intelixencia Artificial, obteranse os datos do vehículo (matrícula, marca, modelo, color, nacionalidade, categoría, tipo) cos que se pode determinar o nivel de emisións dos vehículos. Os puntos de acceso estarán equipados con cámaras de control e os elementos de conectividade necesarios para centralizalas. Na maioría dos casos, a conexión será a través da rede municipal de fibra óptica ou, con conexión 4G, se fora preciso. A instalación será en elementos municipais existentes como farois, semáforos ou cámaras de vixiancia.

Vigo Vertical

Nunha segunda liña de actuacións, as relacionadas coa implementación de zonas de itinerarios peonís e de mellora da accesibilidade, o Concello optará a fondos europeos para cinco proxectos, todas eles incluídos no Vigo Vertical. O primeiro é o acceso mecánico desde o colexio Losada a Ramón Nieto que ten un custo de 2,2 millóns e unha petición de subvención de 1,6 millóns; o acceso mecánico desde Ramón Nieto ao colexio Fonteoscura e o centro de saúde de Lavadores, cun importe de 1,8 millóns e una solicitude de fondos de 1,3 millóns.

O Concello tamén optará a obter 945.000 euros para cofinanciar a mellora da accesibilidade peonil e humanización entre Romil -un ascensor - (fronte a rúa Feliciano Rolán) e Hispanidade, que ten un custo de 1,2 millóns. Outra das iniciativas son as obras de mellora da accesibilidade previstas no contorno do centro de saúde de Teis, orzamentadas en 1,3 millóns, dos que os fondos de recuperación asumirían 972.000 euros. En quinto lugar, incluíuse un ascensor e unha rampla entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón, cun importe de proxecto de 1,6 millóns dos que 1,1 procederán de Europa.

O Concello solicitará en conxunto 9.694.067 euros para estes cinco proxectos do Vigo Vertical, ademais da implantación das Zonas de Baixas Emisións.

 

 

 

Descargar todas as imaxes