Vigo celebra a VIII BootCamp este fin de semana
A carreira de obstáculos celebra a VIII edición o domingo 2 de outubro con máis de 2.050 inscritos.

Abel Caballero presentou xunto ao xerente de Diesemm, David Suárez, a VIII edición da BootCamp, a carreira de obstáculos que se desenvolve na zona de Samil.
O domingo 2 de outubro celébrase o evento central, no que os participantes deben superar entre 30 e 35 dificultades nun percorrido de 7km e cun límite de tempo establecido. Están inscritos máis de 2.050 persoas e espérase un público de máis de 30.000 persoas
Como novidade, a organización suma ao evento unha carreira sprint de 100 metros o sábado 1 de outubro. Serán 100 metros e os participantes tamén terán que superar os obstáculos do percorrido.
A entrega de medallas será o domingo ás 12 horas en Samil para a categoría Élite e as 14:30 horas para a categoría popular e por equipos.