O Concello inicia as Escolas Deportivas o 1 de outubro
Abel Caballero anunciou a estrea do pavillón novo de Quirós esta tempada polo que haberá un total de 18 instalacións deportivas para os máis de 4.000 inscritos nas 63 entidades deportivas.

Abel Caballero avanzou que Vigo inicia esta fin de semana as Escolas Deportivas con máis de 4.000 inscritos. O Concello adica a esta acción para promover o deporte base 438.225 euros.
Como novidade os inscritos poderán adestrar e competir este ano no novo pavillón de Quirós, polo que haberá un total de 18 instalacións deportivas ao dispor dos máis pequenos e as entidades deportivas. Este ano serán 63, ao sumarse o Club Indalo Patinaxe, Club Esgrima Cidade de Vigo, Club Novobasquet Vigo e o Club Deportivo Delikia.
Este ano as escolas deportivas suman ao Parkour como nova modalidade polo que haberá un total de 40 actividades diferentes.