xoves, 29 setembro 2022

A Rúa Príncipe renderá homenaxe aos folguistas do 1972

xoves, 29 set 2022

O Concello inaugura esta tarde a exposición da Folga Xeral do 1972 que estará no centro da cidade "para amosar un acontecemento histórico en Vigo", manifestou o rexedor en rolda de prensa. Imaxes de recortes de prensa de Vigo e outros tantos lugares encherán os paneis da representación gráfica. Abel Caballero expuxo que o obxectivo e render homenaxe ás persoas que participaron na folga "porque foi una gran mobilización sindical, social e política contra a ditadura". O alcalde deu a coñecer que estivo presente nas folgas de Santiago, cando era estudante de 5º de carreira e delegado do curso, e lembrou que foi detido, xulgado por un tribunal político por actividade política e que estivo dous anos no exilio.