Escoitar

O rexedor cualifica de "colosal" o baloncesto en cadeira de rodas, co Amfiv como emblema vigués

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou ao Club Deportivo Amfiv por catro décadas de vida, na presentación do Iberconsa Amfiv, que esta fin de semana arrinca a súa participación na máxima categoría.

xoves, 29 set 2022

“Quero felicitar ao equipo, á dirección, aos patrocinadores, aos xogadores e xogadoras por estes corenta anos. Facedes un deporte colosal, dunha contundencia e, se mo permitides , dunha dureza pouco común, sodes grandes atletas e a min emocióname vervos”, explicou, incidindo en que “sodes a forza total e a superación”. Caballero acudiu á presentación oficial do conxunto vigués no Hotel Hesperia acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández. Silva referiuse ao Amfiv como “un gran orgullo para o deporte. Todo o que facedes coloca a Vigo en Galicia, España e o mundo” e puxo ao club como “exemplo” de deporte mixto. O presidente do club, Chechu Beiro, resumiu a boa pretemporada do equipo e dixo estar "convencido" de que “acertamos coas fichaxes”, agradecendo tamén a Alberto Encinas (Iberconsa) o apoio "decidido" da empresa ao club vigués de División de Honra.

Descargar todas as imaxes