mércores, 28 setembro 2022

Declaración Institucional en relación coa folga xeral acaecida en Vigo en setembro de 1972

mércores, 28 set 2022

Pilar Pérez Rodríguez, extraballadora de Empresas Álvarez, deu lectura no Pleno Municipal deste mércores á Declaración Institucional en representación das persoas que protagonizaron os sucesos ocorridos en Galicia no ano 1972 e, de forma máis directa, na folga xeral de Vigo en setembro dese ano. O Concello inaugurará este xoves unha exposición na rúa Príncipe polos 50 anos da folga do 72. Abel Caballero avanzou que serán imaxes e recortes de prensa que narran os feitos "da importante mobilización obreira".