O goberno municipal aproba 168 rehabilitacións nas ARIS por un importe de 2.399.000 euros
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu luz verde este mércores á selección de obras das novas fases de rehabilitación e renovación nas Áreas de Rehabilitación Integral do Casco Vello, Bouzas, as rúas Bueu-Moaña e Santa Clara.
O Concello aprobou un total de 147 actuacións de rehabilitación, conservación, accesibilidade, eficiencia enerxética por un importe de 2.319.000 euros: 46 obras no ARI Casco Vello, 12 no ARI de Bouzas, 75 obras no ARI das rúas Bueu-Moaña en Coia e 7 no ARI de Santa Clara.
Ademais, aprobouse a primeira selección de obras da convocatoria de remanentes dos Plans 2013-2016 e a súa prórroga que suman 21 obras máis en vivendas por un importe de 80.000 euros. En total, o goberno municipal deu luz verde a 168 obras de rehabilitación da maior importancia que acadan un importe de 2.399.000 euros.