Escoitar

O Concello solicita a redución do caudal ecolóxico de Eiras para axustalo á situación de seca

O alcalde solicitou a redución do caudal ecolóxico en Eiras, dada a situación de prealerta na que se atopan os ríos Verdugo e Oitavén. Segundo estimacións, unha rebaixa dun 25% deste caudal permitiría aforrar un 19% da demanda diaria desta presa.

luns, 3 out 2022

Abel Caballero cualificou esta mañá de “complicada” a situación da auga na área de Vigo, cunha situación de prealerta nos ríos Verdugo e Oitavén e de alerta, en Zamáns. Nesta situación, o Concello solicitou o pasado 27 de setembro -sen resposta ata o momento - a redución do caudal ecolóxico de Eiras, adaptándoo á época de seca que estamos a vivir.

Na súa opinión, ademais de manter consumo responsable e seguir coas medidas restritivas xa establecidas, é preciso dar un paso máis adecuando o caudal ecolóxico a realidade dado que a lei o permite. O rexedor reiterou que a Xunta é a administración competente na captación de auga e destacou que, segundo as estimacións, unha redución do 25% en Eiras, permitiríanos aforrar un 19%, unha cantidade moi importante en tempos de seca e con previsión dun outono sen choivas.

Descargar todas as imaxes