mércores, 5 outubro 2022

O TSXG avala a prórroga do contrato de Vitrasa e rexeita o recurso da FAVEC

O alto tribunal galego confirma a validez da prórroga da concesión do servizo de bus urbano de Vigo e rexeita un recurso interposto pola Federación de Asociacións de Veciños. A sentenza do TSXG ratifica unha resolución anterior do xulgado de primeira instancia cualificando a decisión do goberno como “adecuada e motivada”

O alcalde pon en valor o traballo da Policía Nacional na celebración do seu día

mércores, 5 out 2022

A celebración do Día da Policía en Vigo celebrouse este mércores na sede de Afundación coa participación, entre outras autoridades, de Abel Caballero que no seu discurso eloxiou o labor do Corpo na cidade e a súa profesionalidade recoñecendo o papel fundamental que desenvolven para seguir facendo de Vigo unha cidade segura. No transcurso do acto entregáronse as condecoracións a varios axentes polo seu labor destacado.