Escoitar

A Xunta de Goberno aproba 38.000 euros para a atención ás vítimas de violencia machista

O rexedor tamén deu conta da prórroga do servizo de atención ao público na rede de museos municipais cun importe de 384.000 euros.

venres, 30 set 2022

O alcalde deu conta dos asuntos de Cultura e Igualdade aprobados este xoves na Xunta de Goberno. O Concello adica 37.750 euros para a licitación do programa de intervención e apoio familiar e social para as persoas usuarias da rede de vivendas para protexer ás vítimas da violencia de xénero. O obxectivo é proporcionar apoio, educación familiar, social e apoio ás mulleres vítimas desta lacra, tamén aos menores ao seu cargo ou dependentes.

Abel Caballero lembrou que o Concello dispón de o Centro de Emerxencias con 20 prazas para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero e 3 vivendas con 15 prazas: “Investimos 1,5 millóns para atender ás mulleres vítimas da violencia machista”.

Por outra banda a Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga do servizo de atención ao público na rede de museos municipais cun importe de 384.000 euros. O rexedor destacou que “Vigo ten a rede de museos municipais más importante de España”.

Descargar todas as imaxes