Escoitar

O Concello remitirá 30.000 cartas de Reis Magos aos centros escolares

O alcalde explicou que as misivas están deseñadas co obxectivo de que “lle gusten” ás súas Maxestades de Oriente e as nenas e nenos vigueses poidan reflectir nelas os seus desexos. Actívase tamén o procedemento para que poidan ir nas carrozas reais na Cabalgata do vindeiro 5 de xaneiro.

mércores, 23 nov 2022
O alcalde e os Reis Magos na Cabalgata estática de 2021
O alcalde e os Reis Magos na Cabalgata estática de 2021

Logo da posta en marcha do acendido da iluminación de Vigo a pasada fin de semana, o Concello traballa na preparación da cidade para recibir ás Súas Maxestades de Oriente no mes de xaneiro.

“Está a ser un Nadal excepcional” e a próxima semana iniciamos a preparación dos Reis Magos co envío aos centros escolares e aos centros de distrito de 30.000 cartas de “cun papel preparado para que lle guste ás Súas Maxestades”. Amais, o goberno municipal repartirá os boletíns de inscrición para que as nenas e nenos poidan acompañar nas carrozas a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata do 5 de xaneiro

Os documentos serán remitidos aos 210 centros escolares de Vigo e os 5 centros de distrito (Saiáns, Casco Lanuxe, Bouzas, Teis e Coruxo) onde poderán recollerse todas as copias que necesiten. Ademais poderán descargarse da web municipal www.vigo.org .

No boletín de inscrición figuran as bases para participar no sorteo para ir nas carrozas dos Reis. Serán seleccionados 40 nenas e nenos, mediante sorteo, podendo participar os nacidos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2014, ambos inclusive. O formulario poderá presentarse entre o 9 e o 16 de decembro na caixa de correos que estará instalada na lonxa do Concello ou nos centros de distrito. O sorteo público realizarase o 22 de decembro no Auditorio Municipal, ás 12 da mañá. A lista definitiva de admitidos farase pública na páxina web municipal.

Descargar todas as imaxes