Escoitar

O alcalde convida a cidade a acudir a representación teatral de “Comando Comadres”

Esta actividade englobase dentro do programa da cidade para a celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Realizarase esta tarde as 20:00h no Auditorio Municipal, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

mércores, 23 nov 2022

Abel Caballero sinalou que as actividades alongaranse ata o próximo 2 de decembro, “celebrando un acto central na cidade o venres 25 de novembro co Enlaza Vigo 2022 contra a violencia de xénero”. Completarán a xornada unha feira educativa dirixida ao alumnado de secundaria; Bacharelato e ciclos de FP, que albergará o Auditorio Mar de Vigo, e a manifestación con convocada por Feminismo Unitario de Vigo, que partirá dende o cruzamento de Urzáiz con Vía Norte.

Descargar todas as imaxes