Escoitar

O alcalde traslada o seu apoio o Colexio Oficial de Médicos da provincia

Abel Caballero remitíndose ao comunicado firmado polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, sinalou que “a situación da Sanidade na provincia e na cidade é moi deficiente”.

xoves, 24 nov 2022

 

A principios desta semana o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra decidiu romper todo tipo de relación coa Consellería de Sanidade, ata que modifique os interlocutores da mesma.

Como notifican neste comunicado, non existen boas condicións laborais nas ofertas do SERGAS e non se están cubrindo as prazas de profesionais de Atención Primaria de medicina familiar e pediátrica, sobre o que alcalde manifestouse catalogando como “unha deficiencia gravísima. Ante a falta de médicos quixo apuntar que “a teoría da Xunta de Galicia de que non existen médicos é mentira, non existen para as condicións que oferta o SERGAS”, xa que “hai médicos de aquí traballando en todos os lugares, que teñen que emigrar. Ademais de xubilar forzosamente en 2013 os facultativos que cumprían 65 anos, baleirando unha parte importante da sanidade”.

Descargar todas as imaxes