Escoitar

Vigo licita o voo a Londres con alomenos menos tres frecuencias semanais en temporada alta

O goberno local aprobou en Xunta de Goberno o concurso para a promoción turística de Vigo a través da conectividade aérea directa con Londres que prevé comezar a operar no mes de abril.

xoves, 24 nov 2022

Vigo voará a Londres a partir do mes de abril e como mínimo ata finais do ano 2025. Abel Caballero deu conta do acordo acadado na Xunta de Goberno para la contratación da promoción turística de Vigo a través da súa conectividade aérea directa coa cidade de Londres. O importe da licitación do concurso ao que poden presentarse as compañías aéreas é de 1.869.450 euros.

O alcalde confirmou que o voo comezará o 1 de abril de 2023 e que terá polo menos tres frecuencias semanais en temporada alta e ao menos dous entre o 1 de novembro ata o 31 de marzo. Para garantir a libre competencia as compañías poderán operar en calquera dos catro principais aeroportos: Heatrow, Gatwick, Stansded ou Luton. “Agora en temporada baixa en Europa está o Nadal de Vigo, e é temporada altísima, polo que teremos voos Londres-Vigo polo Nadal”, dixo.

Ademais da conectividade aérea, haberá promoción de Vigo con campañas dixitais a través de newsletter, páxinas web e outros medios como banners na web da compañía, enlaces e publicacións en Facebook, Instagram e Twitter.

Caballero explicou que búscase o turismo, pero tamén potenciar o ámbito gastronómico, eventos e negocios na cidade. “Londres é o primeiro destino nas buscas de billetes internacionais con 250.000 buscas desde Vigo”, cifrou o rexedor, que tamén puxo de manifesto na rolda de prensa que “espera que a Xunta pague voos desde Vigo igual que o fai desde Santiago”.

Pavillón Coia

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves á aprobación do proxecto de conservación e mellora da cuberta do Pavillón de Coia que, tal e como explicou o rexedor, “precisa unha actuación de reparación moi importante”. O orzamento de 163.000 euros permitirá arranxar toda a cuberta, impermeabilizala, facilitar a caída de auga dos canlóns e desmontar e montar o lucernario.

“Os vellos pavillóns de Vigo están quedando antigos e estamos facendo unha inxente cantidade de pavillóns na cidade”, sinalou Caballero, engadindo que nesas instalacións tamén se celebran competicións que exceden o ámbito de Vigo, polo que cumpriría recibir apoio da Xunta de Galicia.

Descargar todas as imaxes