venres, 5 mai 2023
Abel Caballero mantivo un encontro co ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, José Manuel Albares, onde trasladoulle os estudos realizados para a candidatura de Illas Cíes para ser Xeoparque da UNESCO, ao que o mandatario estatal confirmou “o apoio para que a candidatura triunfe”.
xoves, 4 mai 2023
O alcalde achegouse a praza de abastos para probar a degustación preparada polo alumnado do CIFP Manuel Antonio. Abel Caballero puxo en valor a gastronomía e o produto da nosa terra: “En Vigo temos o mellor produto de alimentación do mundo e véndese no mercado do Calvario”, declarou o rexedor. Para o rexedor o Calvario “é un mercado excepcional” e louvou aos futuros cociñeiros e cociñeiras polo seu traballo. “Degusta Europa” é un programa da Deputación de Pontevedra posto en marcha para conmemorar o Día de Europa a través de degustacións gastronómicas nas prazas de abastos da provincia de Pontevedra.
mércores, 3 mai 2023
O alcalde achegouse esta mañá ao Hotel Attica 21 para saudar os participantes nesta nova edición que ten como obxectivo captar proxectos innovadores de automoción e movilidade. Entre as autoridades encontrábanse Ignacio Bueno, director de Stellantis en Vigo e Francisco Conde, vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía. Industria e Innovación Dende o BFA apoiaranse proxectos relacionados coa trasformación dixital e o vehículo do futuro, priorizaranse aqueles proxectos que se enmarquen nalgún dos ámbitos tecnolóxicos definidos como de interese para as empresas do sector en Galicia.
mércores, 26 abr 2023
O Concello súmase á conmemoración da xornada, Día Mundial da Fibrose Quística, coa iluminación esta noite, das Fontes de Aragón de cor laranxa. Con este acto simbólico, a Asociación Galega de Fibrose Quística, quere dar visibilidade á enfermidade, amais de concienciar á poboación neste data sinalada.
venres, 21 abr 2023
O Concello inicia a tramitación do expediente de contratación do concerto que o artista madrileño ofrecerá no auditorio ao aire libre de Castrelos dentro do programa de festas deste verán.
xoves, 20 abr 2023
Abel Caballero participou na presentación do Startup Congress Galicia que reúne hoxe e mañá a máis de 700 emprendedores e emprendedoras. Todos eles exporán en charlas sectoriais o futuro de cada sector en diversas áreas. O alcalde louvou aos asistentes, aos cales cualificou de ser líderes co seu labor de emprendemento: “Coa innovación sucede como a cultura, hai que deixarvos facer porque as novas formas aparecen nas vosas ideas”, dixo o rexedor.
xoves, 20 abr 2023
Baixo o lema “Ciencia na rúa”, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo desenvolve este venres 22 e o sábado 23 de abril un festival científico na Porta do Sol, que transformará a praza nun laboratorio para achegar a ciencia á cidadanía. Trátase dun evento gratuíto para tódolos públicos con concursos, talleres, feiras, obradoiros infantís, monólogos e espectáculos de maxia.
xoves, 20 abr 2023
O Concello notificou a adxudicación, por 181.505 euros, do contrato para as obras do IX programa de decoración de murais e xa seleccionou os espazos que acollerán novas obras de arte na rúa.
xoves, 20 abr 2023
O alcalde participou na inauguración da exposición “Fragmentos de onte”, das bodegas Martín Códax na sede de Afundación, un percorrido visual da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderon, que afonda na vida cotiá de Galicia a través dunha serie de imaxes que captan as diferentes profesións máis artesanais. Amais, acompañan a exposición fotográfica manequíns que recrean a vida en Galicia nos anos 20. Abel Caballero louvou a acción cultural por parte da cooperativa vitivinícola, que comercializa unha edición especial do seu albariño cunha das fotografías tomadas pola fotógrafa. A exposición estará na sede de Afundación de Vigo ata o 10 de xuño.
martes, 18 abr 2023
A entidade sen ánimo de lucro organiza este domingo, 23 de abril, no Auditorio Mar de Vigo, unha xornada de música e entretemento co obxectivo de recadar fondos para as nenas e nenos que padecen cancro. As entradas solidarias poden adquirirse na web www.migranodearena.com.