Escoitar

O programa municipal de murais artísticos incorpora 8 novos edificios

O Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade. A aprobación do X Programa de pintado de medianeiras e outros elementos verticais foi adoptado este venres polo goberno municipal.

venres, 9 feb 2024

Murais de edificios do paseo de Coia, das rúas Nigrán, Ourense, Travesía de Vigo, Robleda, así como do Auditorio de Teis, da Asociación Veciñal de Matamá e da pista deportiva da Salgueira, incorpóranse ao inventario de intervencións artísticas despregadas en Vigo desde 2015. Así o avanzou o alcalde ao lembrar que a cidade conta xa con 177 elementos artísticos: 131 medianeiras e 46 murais en colexios.

“Poñémonos en marcha para seguir incrementando o número de murais da gran arte urbana”, incidiu.

Descargar todas as imaxes