Vigo terá 5 millóns de axudas á formación de expertos en microchips
Abel Caballero celebra que a Universidade de Vigo sexa elixida polo Goberno de España para acoller unha das Cátedra Chip. O Goberno adxudicou case 5 millóns de euros para formación e investigación a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

Abel Caballero deu conta da resolución do Ministerio para la Transformación Dixital e Función Pública que adxudica case 5 millóns de euros á Universidade de Vigo para por en marcha a Cátedra Chip. O obxectivo é reforzar a formación de persoal cualificado e a investigación neste sector.
O alcalde celebrou que Vigo acolla esta formación “porque Vigo vai ter fábrica de microchips e é preciso ter dotacións humanas e próximas á Universidade”.
Estes fondos proveñen do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU e ten por obxectivo formar a 1.000 profesionais na microelectrónica e semiconductores.



