Escoitar

O goberno municipal adxudica o proxecto de mellora da Piscina de Teis

A Xunta Local de Goberno de Vigo adxudicou este venres o contrato para redactar o proxecto de mellora da piscina municipal de Teis, gravemente deteriorada tras o incendio. Así o anunciou o alcalde ao explicar que a situación actual da infraestrutura require unha “reconsideración total”.

venres, 9 feb 2024

Abel Caballero adiantou que o goberno local adxudicou o contrato, por 84.000 euros, para elaborar o proxecto das obras a realizar, e que este estará elaborado nun prazo de tres meses.

“Queremos unha piscina con calidade, completamente renovada, funcional”, avanzou o rexedor ao sinalar que a intervención proposta mellorará todo o saneamento, a depuración, a climatización, e servirá para a instalación de placas fotovoltaicas.

A dimensión das obras a realizar dificulta contar coa cifra exacta a investir, aínda que os cálculos iniciais establecen unha cantidade próxima aos 3 millóns de euros. “O proxecto diranos o custo da obra” sinalou Caballeo ao incidir en que o dano polo incendio foi moi severo e, por tanto, “temos unha reconsideración enteira da piscina de Teis pero xa estamos en iso”.

Caballero lembrou que o cento por cento do gasto sairá das arcas municipais.

 

Descargar todas as imaxes