Vigo acollerá xornadas de difusión sobre o naval

xoves, 22 xuñ 2023

O alcalde mantivo unha xuntanza coa Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos na que iniciaron un proceso de cooperación para dar a coñecer o sector naval. Nesta reunión acordouse comezar coa organización dunhas xornadas para a difusión dos buques oceanográficos, poñer en valor o PERTE do naval e dar a coñecer o estado do sector en España, as tecnoloxías de construción e interacción co mundo da pesca. Caballero agradeceu o interese por Vigo e manifestou o seu interese pola iniciativa a Jorge Dahl, o decano territorial.

Abel Caballero: "A tecnoloxía seguirá a ser a responsable de máis avances de benestar"

martes, 20 xuñ 2023

O alcalde estivo presente na inauguración da feira Mindtech, a exposición referente do sector industrial do Polo Ibérico na que están presentes as empresas líderes do metal e as súas tecnoloxías asociadas tanto a nivel nacional como internacional. Abel Caballero subliñou no seu discurso a importancia da tecnoloxía nos avances do benestar. Amais, puxo Vigo de referente como "cidade da economía" no que ten tanto peso o sector industrial, tanto naval, como o automobilístico ou a propia pesca. Caballero percorreu a feira acompañado doutras autoridades nas que comprobou de primeira man as novidades tecnolóxicas na industria a nivel mundial.

O alcalde avoga por un “gran pacto social para erradicar a soidade dos maiores”

venres, 9 xuñ 2023

Abel Caballero participou este venres na inauguración do XXXIII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría que se desenvolve no museo Verbum baixo o lema “Soidade e illamento social. Novos retos e recursos”. O rexedor puxo en valor o traballo que desenvolven os profesionais dedicados a atender as persoas maiores e defendeu a necesidade de acordar un “gran pacto social para erradicar a súa soidade” porque “non podemos permitir que unha parte da sociedade viva en situación de soidade non desexada”.

O alcalde recibe o alumnado do IES Valadares

xoves, 8 xuñ 2023

O alumnado de terceiro da ESO do IES Valadares visitou o Salón de Plenos, onde aproveitaron para presentarlle o seu traballo realizado nas aulas de inglés, que contén ideas e propostas para o futuro da cidade. Abel Caballero valorou positivamente as súas propostas, agradecendo os murais e os vídeos realizados polo alumnado.

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da “Primeira Xornada do Ciclo: Transformando a industria cara a sostibilidade: Novidades Ambientais 2023”

mércores, 7 xuñ 2023

O rexedor estivo acompañado neste evento polo delegado do Estado na Zona Franca, David Regades e a presidenta de Aproema, Arancha Mañas. Este ciclo, constará de tres eventos, co obxectivo promover a adopción de prácticas sostibles no ámbito industrial e fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre os profesionais do sector.

O Concello de Vigo colaborará na organización das XXIX Xornadas da Asociación de Letrados do Tribunal Constitucional

mércores, 7 xuñ 2023

Abel Caballero reuniuse esta mañá coa presidenta da asociación, María Isabel Perelló Domenech, que quixo informalo sobre este evento, que terá lugar en Vigo entre o 19 e o 21 de outubro deste ano. Na xuntanza participaron tamén Luis Felipe, secretario da Asociación de Letrados do Tribunal Constitucional e Juan Antonio Hernández, membro da entidade e Catedrático da Universidade de Vigo