O rexedor participou na presentación do Startup Congress Galicia que se celebra o 20 e 21 de abril en Vigo

xoves, 13 abr 2023

O rexedor estivo acompañado na presentación co delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e os organizadores, Lalo García e Frankie Gómez. O evento celebrarase Palacio da Oliva os días 20 e 21 de abril e reunirá a todas as aceleradoras galegas e máis de cento cincuenta fondos de investimento. Caballero sinalou que “o congreso necesariamente tíñase que celebrar en Vigo porque é unha cidade con ADN emprendedor e onde se xeran proxectos á vangarda da economía”.

Caballero aborda co alcalde de Fornelos o abastecemento de agua nunha parroquia da vila

xoves, 13 abr 2023

O alcalde mantivo unha xuntanza co rexedor de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, que lle trasladou o problema nunha parroquia da súa vila co abastecemento de auga. Abel Caballero explicou en declaracións remitidas aos medios que a parroquia non ten traída e, a consecuencia do cambio climático, os pozos que utilizan xa amosan escaseza de auga. Ambos mandatarios saíron satisfeitos da reunión para buscar solución a esta cuestión.

O alcalde anima a Johannes Li a completar a súa volta ao mundo a vela

xoves, 13 abr 2023

Abel Caballero felicitou no nome da cidade a Johannes Li, o primeiro diagnosticado de Asperxer que quere dar a volta ao mundo a vela en solitario, a quen recibiu este xoves no Concello. “Resulta entrañable e emocionante falar con el, como describe a ruta feita e a que lle queda por facer”, apuntou. O mozo navega na súa propia embarcación para dar visibilidade ao trastorno que sofre e para combater os estereotipos que persisten sobre o autismo e demostrando que é quen de completar o seu obxectivo de dar a volta ao mundo.

Abel Caballero reuniuse esta mañá co novo delegado do goberno, José Ramón Gómez Besteiro

mércores, 12 abr 2023

O alcalde mantivo esta mañá un encontro con José Ramón Gómez Besteiro, que dende a pasada semana é o novo delegado do goberno en Galicia. Como indicou Caballero na rolda de prensa posterior a reunión, "foi unha reunión longa na que analizamos a fondo moitos temas, fundamentalmente os fondos europeos, sobre os que lle transmitín que estamos encantados cos fondos que estamos recibindo do Goberno de España".

A bandeira do Pobo Xitano ondeará no Concello o día 8 de abril

mércores, 5 abr 2023

O alcalde estivo reunido na xornada de hoxe con representantes da Fundación do Secretariado Xitano, que achegaron a súa bandeira ao Concello para proporlle ao rexedor, un ano máis, que ondeara na Casa Consistorial. O día 8 celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, unha xornada na que se reivindica o seu dereito ao recoñecemento e á igualdade. Caballero informou que a bandeira estará xunto ás institucionais o 8 de abril e que a Federación exporá o seu manifesto no próximo pleno.