Caballero e Silva visitan os túneles da Fortaleza do Castro
xoves, 23 feb 2023O Concello rehabilita esta zona coa musealización do Castro, unha recuperación do patrimonio e un novo atractivo turístico na cidade de Vigo.
O Concello rehabilita esta zona coa musealización do Castro, unha recuperación do patrimonio e un novo atractivo turístico na cidade de Vigo.
Este martes mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos novos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España, Portugal e Ucraína. No día de hoxe elevouse a sétima, e derradeira, parte da estrutura da cuberta de Marcador.
Simant Dúo, o dueto artístico formado polo trompetista vigués Rubén Simeó e o pianista valenciano Antonio Morant, presentarán en Vigo o seu novo traballo discográfico, “Skyward”, o próximo 5 de marzo no Teatro Afundación.
O alcalde reaccionou esta mañá en rolda de prensa aos cambios en Transportes, co cese de Isabel Pardo de Vera, e afirma “ter toda a confianza” polo aval do presidente Pedro Sánchez e a ministra Raquel Sánchez aos proxecto da LAV Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria e a autovía en túnel a O Porriño, aínda que asegurou que “estará moi vixiante”.
Abel Caballero confirmou a instalación do sétimo treito da estrutura de metal a semana próxima, para rematar posteriormente toda a cuberta exterior. A súa vez avanza a instalación das butacas en todo o graderio de Marcador.
O rexedor acudiu a presentación do proxecto que poñen en marcha o centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo e a empresa do sector TIC Balidea. Lanzan a campaña #A30frases para involucrar ao maior número de persoas posible e lograr así que as máquinas do futuro entendan mellor a nosa lingua.
“A cidade vai recoñecerlle os seus esforzos, os seus méritos e a súa capacidade e dedicación durante unha parte tan importante da súa vida”, sinalou Abel Caballero este luns ao informar da concesión da Medalla.
Abel Caballero visitou este venres as instalacións do centro educativo, situado en Coia, onde coñeceu de primeira man os disfraces que o alumnado e o profesorado do centro preparou para celebrar o Entroido. O rexedor valorou a creatividade da comunidade educativa e a ilusión das nenas e nenos por participar nesta festa.
Durante a súa intervención, Abel Caballero, quixo sinalar que "en Vigo estamos orgullosísimos de vós e do voso traballo" xa que "somos a cidade da economía, e aquí teredes, no alcalde, un defensor do voso traballo, da vosa acción, do voso valor". Tamén destacou a importancia da tecnoloxía e a industria da distribución na saída da crise e o seu desenvolvemento a través dos fondos europeos.
As ramplas da Gran Vía desde Venezuela ata Praza España estarán rematadas a mediados do vindeiro mes de marzo.