Escoitar

Vigo será sede do Festival de Arquitectura Urbana “TAC!”

Abel Caballero acudiu esta mañá á presentación en Madrid da terceira edición do certame, na que a Porta do Sol de Vigo acollerá do 13 de xuño ao 14 de xullo o pavillón temporal de TAC!

mércores, 21 feb 2024
Encontro da ministra Isabel Rodríguez co alcalde de Vigo e a alcaldesa de San Fernando
Encontro da ministra Isabel Rodríguez co alcalde de Vigo e a alcaldesa de San Fernando

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, coa colaboración da Fundación Arquia, o Concello de Vigo e o Concello de San Fernando presentaron hoxe na Casa da Arquitectura de Madrid a terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana, unha cita anual que nesta ocasión se celebrará en Vigo (Pontevedra) e San Fernando (Cádiz) para reflexionar en torno ao uso e deseño do espazo público e a rexeneración dos espazos urbanos desde a óptica da pequena escala, o doméstico e a proximidade.

A candidatura de Vigo, presentada polo Concello co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, TAC! 2024, mostra un espírito transversal entre prácticas e políticas locais que permitirá profundar nas transformacións urbanas levadas a cabo por esta cidade singular forxada a partir dun tecido industrial. Tal e como expresaba hoxe o alcalde da cidade, Abel Caballero, con esta iniciativa “Vigo convértese na cidade da arquitectura". "Facilitamos a mobilidade e creamos a estética dunha cidade moderna, que aposta pola sustentabilidade, a innovación, a tecnoloxía e ademais xeramos calidade de vida para as persoas”, continuaba.

Coa vocación de impulsar o talento novo, a innovación e a experimentación desde o ámbito da arquitectura e o urbanismo, cada edición do festival confórmase ao redor de dúas convocatorias: un chamamento para ser Ciudad TAC! e un concurso de ideas para a creación dun pavillón temporal en cada unha das dúas cidades seleccionadas como sede. A presentación de TAC! serviu tamén para anunciar a apertura desta segunda convocatoria: ata o 2 de abril, os arquitectos e arquitectas menores de 45 anos poderán presentar as súas propostas de pavillóns temporais.

 

Encontro da ministra Isabel Rodríguez co alcalde de Vigo e a alcaldesa de San Fernando
Foto da presentación celebrada esta mañá en Madrid
Descargar todas as imaxes