O Concello outorga a licencia de ampliación a Borgwarner
A empresa de compoñentes de automoción solicitou a ampliación do espazo para desenvolver a fabricación de motores de combustión e eléctricos ao mesmo tempo. “A automoción é importantísima para Vigo e desde o Concello, conforme á lei, damos todas as facilidades”, explicou Abel Caballero.

A empresa de compoñentes da automoción, Borgwarner, ampliará a súa capacidade na fábrica de Zamáns. O Concello vén de outorgar a licencia que permite á empresa a aumentar o seu espazo construíndo unha nave lindeira á actual.
Segundo explicou o alcalde, a empresa amplía a súa capacidade para poder levar adiante a construción de motores de combustión e motores eléctricos. “Isto é importante para o mantemento e o incremento dos empregos”, manifestou.
O alcalde subliñou que “a automoción é importantísima para Vigo” e que “desde o Concello, e conforme á lei, porán todas as facilidades para seguir adiante”.