O Goberno Local amplia o horario dos socorristas en Samil e Argazada con motivo do Marisquiño

mércores, 9 ago 2023

Abel Caballero explicou hoxe que "os socorristas estarán dende as 11:00 da mañá, unha hora antes do habitual" debido a elevada afluencia que terá O Marisquiño en Samil. Ademais dende o venres a praia de Samil contará con 2 enfermeiras, dispositivo habitual só para as fins de semana. O rexedor sinalou que é unha medida máis "que realizamos dende o Concello para que a celebración do Marisquiño sexa un éxito".

Abel Caballero recibe ao cónsul xeral de Uruguai

xoves, 3 ago 2023

O rexedor mantivo unha xuntanza con Ramiro Rodríguez Bausero na Alcaldía na que acordaron cooperar no fomento da cultura de Uruguai na cidade. En agosto o consulado organizará unha batukada que atraerá persoas de toda Galicia e España, cun desfile desde o Paseo Alfonso ata a Porta do Sol. "Asumo con entusiasmo a colaboración", manifestou o alcalde.

Caballero mantivo un encontro cos responsables da Fundación Banco Sabadell

mércores, 19 xul 2023

O primeiro edil vigués recibiu hoxe a Miquel Molins (Presidente da Fundación Banco Sabadell); Adolfo García (Director institucional) e a Pablo Junceda (Dirextor Xeral de Sabadell Gallego). Nesta visita os responsables da Fundación Sabadell trasladáronlle o rexedor que se realizará o acto de entrega do "Premio Nacional a la Sostenibilidade Mariña 2023" na cidade de Vigo o vindeiro 15 de novembro de 2023. Na súa II edición quere recalcar o seu compromiso co apoio e o fomento á formación e a investigación neste ámbito.

Caballero recibe ao embaixador de Austria

martes, 18 xul 2023

O alcalde e o embaixador de Austria, Enno Drofenik, mantiveron una xuntanza de cortesía na Alcaldía. Ambos os dirixentes puxeron en común cuestións relevantes como a cultura: "Viena é referente no ámbito cultural e da música. Tivemos a idea de facer cooperación neste ámbito, tamén con Francia e Irlanda, co obxectivo de estar na cooperación da música de distintos países", expresou Caballero.

Vigo recibe aos responsables de pesca da Unión Europea

luns, 17 xul 2023

O Pazo de Castrelos foi o escenario da benvida aos ministros e ministras de Pesca e Agricultura da Unión Europea. Vigo é durante este luns e o martes 18 de xullo a sede da xuntanza de Pesca dentro da presidencia española do Consello da Unión Europea. Abel Caballero recibiu aos mandatarios que traballarán estes días nas políticas do sector pesqueiro da UE, centrados principalmente na descarbonización do sector e a innovación. O alcalde trasladoulles o bo facer de Vigo neste ámbito e puxo de manifesto ante os ministros e ministras o seu apoio ás medidas pesqueiras sempre que sexan avaladas pola ciencia: "Quero citar a decisión sobre a pesca en augas profundas da UE, que non comparto". Caballero invitou aos asistentes a gozar da cidade: "Estades na mellor cidade do mundo", expresou ao final do seu discurso.