O goberno local renova o convenio coa Diocese de Tui-Vigo para conservar o patrimonio histórico
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a renovación por catro anos do convenio marco coa Diocese de Tui-Vigo. Así o anunciou este venres Abel Caballero, tras explicar que, co acordo, a administración municipal contribúe a conservar e restaurar os bens mobles e inmobles de titularidade eclesiástica, “que son parte do patrimonio histórico de Vigo”, e a promover accións para fomentar o coñecemento do patrimonio cultural.

“Queremos conservar todo o que sexa patrimonio cultural- histórico. Non podemos deixar que se arruíne”, asegurou o alcalde ao explicar que o convenio marco a renovar coa Diocese de Tui-Vigo permitirá seguir arranxando “zonas da Igrexaa Católica porque son pezas mestras e históricas de Vigo”, explicou Abel Caballero o anunciar o novo acordo que estará en vigor catro anos.