O Concello lanza o campamento de Semana Santa no Vigo Nature
O alcalde tamén anunciou esta mañá a posta en marcha “do circuito multiaventura de Vigo Nature”, que contará con “tirolina e rocodromo” entre outros.
Abel Caballero informou do próximo campamento temático dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de idade, que terá lugar en Semana Santa.
Para a conciliación da vida familiar e laboral das familias viguesas, o campamento realizaráse os días 25, 26, 27 de marzo el 1 de abril, baixo a liña temática do Cambio Climático. Contará con un importante número de actividades temáticas, xogos e dinámicas educativas e lúdicas que realizarán dende as 9:30 ata as 14:00 horas. O rexedor indicou que “queremos promover a concienciación ambiental e o coñecemento da biodiversidade”.
Parque multiaventura de Vigo Nature
Coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, o sábado 23 de marzo, “poñeremos en marcha o circuíto multiaventura, que conta con tirolina e rocódromo” de Vigo Nature.
Caballero sinalou que “será unha actividade gratuíta incluída coa entrada a Vigo Nature”, cunha inscrición igual que para o resto de actividades, pola semana vía telefónica e as fins de semana e festivos de maneira presencial.
O horario será todos os festivos e fins de semana de 16 a 20 horas (de marzo a outubro), incluíndo os meses de verán (xuño, xullo e agosto) os venres no mesmo horario. Contarán con 3 quendas diarias de 60 minutos de duración para 10 nenos cada quenda.
Campamentos de verán
Na Xunta de Goberno Local de hoxe aprobouse a prórroga do contrato dos servizos para a xestión e realización do programa “Verán Xove” de campamentos de verán. Serán case 4.000 prazas en diferentes espazos da cidade. O importe prórroga é de 486.751 euros.