mércores, 13 mar 2024
A cultura volve impregnar a rúa do Príncipe de Vigo coa exposición “Nanocosmos”, que está vertebrada ao redor das 36 fotografías de Michael Benson e foi despregada pola Fundación A Caixa ata o día 23 de abril. Así presentou o alcalde este mércores, coa primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e os concelleiros Gorka Gómez e Patricia Iglesias, a mostra que facilita a visión do “invisible” ao ollo humano: as imaxes obtidas con microscopios electrónicos de varrido do Canadian Museum of Nature como os estambres dunha flor.
mércores, 13 mar 2024
O aeroporto de Vigo rexistrou o pasado mes de febreiro “os mellores” datos dos meses con menor actividade turística, ao rexistrar 79.000 viaxeiros, segundo destacou este mércores o alcalde.
mércores, 13 mar 2024
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira da área de Igualdade, Laura Iglesias, xunto a integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores as placas identificativas instaladas nos bancos da rúa do Príncipe que homenaxean “ás mulleres que nos constrúen”.