Abel Caballero: “Avanzamos en Samil para ter máis praia e máis paseo”
O alcalde celebra que o Goberno de España licite a obra de rexeneración dunar en Samil, que se encarga da parte litoral. A actuación comprende 250 metros, ampliación do paseo de madeira con 12 metros de ancho retranqueado 25 metros.
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/CTkDX76ytLWN4C1ArOnQ9C2zTreV4SypIEoUV6m6.jpeg)
Abel Caballero deu conta da licitación por parte do Goberno de España da rexeneración do litoral de Samil na fase 1A, desde o Camaleón ata Punta Samil, unha actuación en 250 metros. O Goberno de España investirá 2.127.000 euros.
O Concello e o Goberno de España acometerán a reforma da zona de Samil, o goberno local coa humanización da parte da avenida e desde o Estado na zona litoral. “Haberá máis praia e máis paseo”, expresou o rexedor, xa que a obra rematará cun paseo de madeira con 12 metros de ancho e retranqueado 25 metros. Amais, no proxecto figura un parque infantil, local de hostalería desmontable, aseos, mobiliario urbano, novas redes de saneamento, abastecemento e rego, telecomunicacións...
“Samil seguirá a ser unha praia urbana, con máis praia e máis paseo”, concluíu Caballero.