Escoitar

O goberno municipal atendeu 536 persoas no programa socioeducativo e de apoio familiar

O alcalde expresou a importancia do programa social que deu solución a 163 familias no mes de febreiro. O programa presta un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado ás familias (especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade) e a toda a comunidade.

xoves, 14 mar 2024

O alcalde deu conta do apoio municipal a 163 familias no programa socioeducativo e de apoio familiar, dirixido a familias, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade, e a toda a comunidade. O obxectivo é atender as problemáticas aparelladas a situacións de risco e de conflito social, articulando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores para os nenos e as nenas e as súas familias, levando a cabo ademais unha intervención preventiva que impida o posible agravamento do problema detectado.

Deste xeito, o Concello atendeu a 536 persoas, das cales 229 son menores. “O programa consiste en educación familiar, apoio psicolóxico nos casos precisos, atención desde o traballo social e mediación intercultural”, dixo o rexedor.

O goberno local adica 829.000 euros ao ano a este programa social municipal.

Descargar todas as imaxes