Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M no seu 20º aniversario
O Concello de Vigo conmemorou o 20º aniversario do atentado terrorista do 11-M, cun minuto de silencio que tivo lugar ante a Casa Consistorial, coa participación do goberno de Vigo e o resto da Corporación Municipal. Abel Caballero sinalou que hoxe se recorda "ás 192 vítimas do terrible atentado xihadista, un feito dramático e cruel", que se produciu no 2004, "que marcou a historia de España". O rexedor rematou remarcando que se trata do "peor atentado que sufriu o noso país".


