Escoitar

O goberno de Vigo asume a Praza de Vialia durante 50 anos

A Xunta de Goberno aprobou o convenio entre o Concello e Ceetrus polo que a maior parte da praza pasa a ser de titularidade municipal.

luns, 11 mar 2024

Abel Caballero deu conta do convenio que asinará o Concello con Ceetrus para que a titularidade da Praza de Vialia sexa de xestión municipal os próximos 50 años. “É un fito histórico, unha praza de uso público, unha zona importante de ocio, onde as familias pasan a tarde... e queremos que a praza sexa pública”, sinalou o rexedor. Con este convenio, o Concello faise cargo da case totalidade da praza, salvo a zona de restauración e os accesos a Vialia dos que se encargará Ceetrus.

Segundo explicou o alcalde, o mantemento da praza será nun 60% por parte do Concello e o 40% restante asumirao Ceetrus. “Isto é moi conveniente para o Concello, aseguramos que estea en perfecto estado”, dixo o rexedor.

Caballero lembrou que coa apertura do HALO a praza convértese nunha zona de comunicación entre a zona alta e baixa de Vigo e que as persoas que utilizan o novo ascensor "achéganse a unha praza pública e non de particulares"

 

 

Descargar todas as imaxes