O Nadal de Vigo xerou de novembro a xaneiro case 4 millóns de estancias na cidade

venres, 10 xul 2020

Abel Caballero avanzou este venres os resultados do “Estudo de Nadal” feito polo Concello de Vigo sobre a afluencia de visitantes ás festas do pasado ano. Segundo indicou, os datos de localizacións facilitados polas antenas de telefonía gracias ao proxecto de EDUSI para a Smart City apuntan a que houbo máis de 3,8 millóns de estancias no centro de Vigo entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020.

Abel Caballero anuncia un Plan de Reactivación e Reconstrución Económico e Social cun investimento de 1.000 millóns en tres anos

xoves, 9 xul 2020

O alcalde de Vigo avanzou este xoves as liñas xerais do Plan de Reactivación e Reconstrución Económica e Social Post-Covid19 do Concello de Vigo. Segundo indicou, está previsto investir 1.000 millóns de euros con fondos municipios e do Goberno central, Deputación e Zona Franca. "Trátase do plan máis ambicioso que houbo nunca na historia de ningunha cidade de España", apuntou Caballero.

O alcalde felicita ao Club Seis do Nadal polo seu traballo deportivo e educativo

mércores, 8 xul 2020

Abel Caballero asistiu este mércores á presentación do novo escudo do Club de Baloncesto Seis do Nadal de Coia, celebrado no exterior do Pazo Quiñones de León. O rexedor trasladou a súa felicitación ao equipo directivo do Club que exemplifica a forma de entender a modernidade co seu “mecanismo promocional, educativo e deportivo nos seus equipos de baloncesto” que, ao seu entender é unha mostra do carácter de Vigo que é “cada vez máis unha cidade de deporte con valores profundos e sólidos”

Concello e Zona Franca firman o protocolo de colaboración para ampliar o polígono de Balaídos

mércores, 8 xul 2020

O alcalde, Abel Caballero, firmou este mércores xunto ao delegado da Zona Franca, David Regades, o protocolo de colaboración para ampliar o polígono de Balaídos. “É importante xerar solo industrial na cidade porque non podemos volver atoparnos coa situación de que haxa empresas que non poidan quedar en Vigo por falta de chan", sinalou o rexedor.

Abel Caballero recibe ao alcalde de Logroño

martes, 7 xul 2020

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, recibiu este martes ao alcalde de Logroño e presidente da Rede Española de Cidades Intelixentes, Pablo Hermoso de Mendoza. Ambos rexedores falaron durante a xuntanza sobre a importancia do enfoque municipalista á hora de abordar a reactivación económica e social do país.