Escoitar

Abel Caballero: “Trasladámoslle á Deputación o convenio coas actuacións que queremos que realicen en Vigo”

O alcalde expresou que “se trata dun convenio de idénticas características ao que tiñamos co anterior goberno”, durante os últimos 8 anos, “nos que Carmela Silva presidiu o ente provincial”.

martes, 26 mar 2024

O alcalde explicou que “consiste nunha achega de 5 millóns de euros por ano” por parte da Deputación de Pontevedra, “ata 2027”, coa achega “de cantidades adicionais por parte do Concello” para as obras conveniadas.

Tal e como relatou Abel Caballero, no convenio enviado ao ente provincial, inclúese a cooperación nas seguintes actuacións:

  • Humanización de Teixugueiras – Fase 1
  • Humanización Val Miñor (fronte a bancada de Marcador e Tribuna)
  • Reordenación da rotonda de Olímpicos e Pablo Iglesias
  • Iluminación da Guía
  • Cuberta pavillón de Coia
  • Mellora do campo de fútbol das Travesas
  • Cuberta da bancada e vestiarios do Baltasar Pujales
  • Mellora do pavillón do Carballal
  • Mellora das instalacións da piscina de Teis
  • Instalación do skate park cuberto de Navia
  • Cubrición do patio do Colexio Josefa Alonso
  • Cubrición do patio do Colexio Celso Emilio Ferreiro
  • Cubrición do patio do Colexio Lope de Vega
  • Humanización de Serafín Avendaño, entre García Barbón e o ascensor Halo
  • Beirarrúas de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro
  • Humanización de Rosalía de Castro, entre Pontevedra e República Arxentina – Fase 1
  • Rampla mecánica do “Vigo Vertical” de Pintor Lugrís
  • Cuberta da pista deportiva de Zamáns
  • Plan de humanizacións do rural

“Agardamos a súa resposta a este convenio”, sinalou o rexedor vigués, tras sinalar que “lles propuxemos que actúen exactamente igual que nas últimas lexislaturas”.

Descargar todas as imaxes