xoves, 28 marzo 2024

O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza do Rei

O mal tempo impide o desenvolvemento da segunda edición de "Vigo rúa Máxica" tal e como estaba previsto na Porta do Sol, polo que os espectáculos van celebrarse no Auditorio Municipal con cambio de horario: de mércores a sábado ás 17:00 horas e o domingo ás 12:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Queda aprazadas tamén as actividades infantís "Vigo mundo xogo"

Vigo acolle o 60º Campionato de España clase Vaurien

xoves, 28 mar 2024

Abel Caballero acudiu á presentación que tivo lugar no Real Club Náutico de Vigo, onde puxo en valor aos deportistas vigueses e á cidade de Vigo no mundo da regata. O 60º Campionato de España Vaurien celébrase desde o 28 ata o 31 de marzo. Compiten uns 35 barcos de sete comunidades autónomas (Galicia, Madrid, País Vasco, Castela León, Cantabria, Extremadura e Murcia). Serán uns 70 regatistas de 8 clubs náuticos galegos, 7 clubs náuticos do resto de España e un club portugués (VDE Vilafranquense). A frota de Vigo e do Náutico é referencia a nivel mundial (catro títulos mundiais este século) e os regatistas vigueses conquistaron doce (12) vitorias absolutas neste século sobre vinte e dous (22) Campionatos de España.