Escoitar

O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza do Rei

O mal tempo impide o desenvolvemento da segunda edición de "Vigo rúa Máxica" tal e como estaba previsto na Porta do Sol, polo que os espectáculos van celebrarse no Auditorio Municipal con cambio de horario: de mércores a sábado ás 17:00 horas e o domingo ás 12:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Queda aprazadas tamén as actividades infantís "Vigo mundo xogo"

xoves, 28 mar 2024
Momento da actuación desde mércores de Brando y Silvana
Momento da actuación desde mércores de Brando y Silvana

A programación de "Vigo rúa máxica", que organiza o Concello, queda como segue:

- Mércores 28, 17h: Brando y Silvana, Kayto y David Navares

- Venres 29 de marzo, 17h:  Brando y SIlvana, Dani García y Carlos Adriano

- Sábado 30 de marzo, 17h: Brando y SIlvana, Kayto e Carlos Adriano

- Domingo 31 de marzo, 12:30h: Check Out e Adrián Conde

Ademais, dadas as condicións climatolóxicas, o goberno municipal decidiu adiar a celebración das actividades infantís do programa "Vigo mundo xogo" que ían desenvolverse na Praza do Rei.

Descargar todas as imaxes