Escoitar

O Concello pagará a próxima semana outras 11.617 becas de libros de texto

Abel Caballero adiantou que do 1 ao 3 de abril as familias solicitantes de bolsas de libros recibirán o abono de 205 euros por neno. Un total de 23.228 estudantes contan este ano coa axuda do Concello de Vigo para os libros de texto escolares.

xoves, 28 mar 2024

O alcalde explicou que a próxima semana un total de 11.617 estudantes de Vigo recibirán os 205 euros do importe da bolsa de libros, e que a este número de beneficiarios súmanse os 11.611 que as percibiron ao comenzo de ano. “Pagamos todas as bolsas de libros, 23.228 axudas a nenos e nenas de educación Primaria, Secundaria obrigatoria, Formación Profesional básica e de Educación Especial”, recalcou.

Caballero incidiu en que o Concello dedica 5 millóns de euros para “pagar as axudas por libros, que veñen tan ben ás familias”, e que Vigo mantense como o único Concello de España que presta este soporte á súa cidadanía. “Dos 8.131 concellos e só Vigo paga axudas polos libros de texto e gustaríame que a oposición o dixese, que dixese que só nós os pagamos e que o facemos moi ben porque pagamos 5 millóns o ano pasado e 5 millóns este ano”, afirmou. Acto seguido sinalou que “Galicia cero, resto de comunidades cero, resto de municipios cero, e Vigo 23.218 bolsas”.

Descargar todas as imaxes