O goberno local comeza os trámites para os Orzamentos de 2025
O alcalde avanzou que o goberno local prevé para os próximos 3 exercicios investimentos por enriba dos 33 millóns anuais e un orzamento de 164 millóns de euros cada ano en servizos á cidadanía.
Vigo comeza a preparar o Orzamento 2025 coa entrega do marco orzamentario para o 2025, 2026 e 2027 nos que prevé un investimento de 33 millóns de euros anuais. Abel Caballero manifestou que o goberno local seguirá a presentar os orzamentos “en tempo e forma”. Tamén adiantou que no 2024 o Concello cumprirá con todas a regras fiscais.
“Imos manter o crecemento dos investimentos os próximos 3 anos, superando os 33 millóns anuais, e manteremos os servizos de extraordinaria calidade adicando 164 millóns ao ano”, resumiu o rexedor.
Caballero tamén puxo de manifesto que o Concello leva 12 anos sen débeda e que “seguiremos sen endebedarnos”, polo que louvou a acción municipal “que fai humanizacións, Vigo Vertical, pavillóns deportivos, zonas verdes, parques e xardíns... todo Vigo. E con débeda cero”.