luns, 25 mar 2024
A proposta de concesión das Medallas de ouro da cidade á Policía Nacional no seu bicentenario e ao Hospital Ribera-Povisa recibiu o voto favorable dos grupos socialista e popular e o voto en contra do Bloque Nacionalista Galego.
luns, 25 mar 2024
A decisión da dirección estatal do Partido Popular de rexeitar a proposta de teito de gasto aprobada polo Goberno e polo Congreso dos Deputados, que “penaliza a Vigo en 17, 7 millóns de euros”, recibiu hoxe a reprobación conxunta dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG. Cos 20 votos dos edís socialistas e nacionalistas, o Pleno Municipal de hoxe aprobou a moción, presentada polo PSdeG-PSOE, que censura aos concelleiros populares por rexeitar no Senado a proposta de teito de gasto, e que lles “esixe” pedir desculpas á cidadanía viguesa polos preto de 18 millóns que ven comprometidos.
luns, 25 mar 2024
O grupo socialista reprobou as declaracións da conselleira de Medioambiente, Ánxeles Vázquez, “que denostaba a candidatura das Illas Cíes como Xeoparque da UNESCO”. Os socialistas tamén aprobaron a moción na que instan ao Partido Popular a respectar a importancia da cidade de Vigo.
luns, 25 mar 2024
A Corporación municipal demanda á Xunta de Galicia que asuma a competencia exclusiva que lle corresponde en temas de Benestar Social e que derrogue a obrigación imposta ao Concello de Vigo de cofinanciar tres centros de titularidade autonómica. A moción, presentada polo grupo municipal socialista, contou cos votos dos 3 edís do BNG. Os corporativos urxen á administración galega a liberar os 350.000 euros do cofinanciamento dos centros de día de Teis, Coia e Valladares, para dedicalos a outras necesidades.
luns, 25 mar 2024
O alcalde deu conta da publicación das bases para o programa de subvencións para a realización de proxectos de cooperación internacional cun importe de 60.000 euros.
luns, 25 mar 2024
O alcalde avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este luns a aprobación inicial do proxecto de reparcelamento da rúa Hernán Cortés na súa confluencia con María Berdiales e Doutor Colmeiro Laforet.
luns, 25 mar 2024
O mércores 27 de marzo finalizan os actos programados con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, co concerto a cargo do grupo Lontreira, que saíra ao escenario ás 21 horas. O actuación terá lugar no Auditorio Municipal debido ás previsións de choiva. A entrada é libre ata completar o aforo.