Escoitar

O Concello asumiu en 2023 cinco proxectos de cooperación internacional

O alcalde deu conta da publicación das bases para o programa de subvencións para a realización de proxectos de cooperación internacional cun importe de 60.000 euros.

luns, 25 mar 2024

O Concello colaborou con cinco entidades sociais que desenvolveron proxectos de cooperación internacional. No ano 2023 o goberno local adicou recursos para a construción de vivendas para 51 familias na India, un programa de educación inclusiva para persoas vulnerables en Honduras, financiamento de equipos e materiais para a mellora da calidade educativa e formación no Salvador, mantemento de 7 comedores escolares e escolarización de mozos e mozas en Perú e o incremento de recursos educativos, humanos e tecnolóxicos e fortalecemento da igualdade na India.

A Concello seguirá estando presente nos proxectos de cooperación internacional. A Xunta de Goberno aprobou as bases para o programa de subvencións ás entidades.

Descargar todas as imaxes