O parque de Jenaro de la Fuente levará o nome de Juan Luis Villalón como homenaxe ao pediatra desaparecido
O parque de Jenaro de la Fuente, próximo ao instituto Castelao, levará o nome do desaparecido pediatra Juan Luis Villalón. Así o avanzou este martes Abel Caballero ao explicar que o Concello, en resposta á petición dun importante número de cidadáns, renderá homenaxe a un profesional da medicina “moi querido na cidade, cun gran labor, e cunha grande implicación no deporte, especificamente do karate”, tanto coa designación do espazo de xogos como coa instalación dunha placa conmemorativa.
Descargar todas as imaxes