martes, 27 feb 2024
Abel Caballero anunciou a petición dun encontro coa directora xeral da Ordenación do Territorio para coñecer as “razóns que hai detrás” da paralización do PXOM. Cualificou de moi preocupante que a primeira decisión de Alfonso Rueda, cinco días despois das eleccións, sexa obstaculizar a tramitación do Plan Xeral.
martes, 27 feb 2024
Abel Caballero desvelou esta mañá o día de realización da gala que, dada a coincidencia coa Semana Santa, este ano adiántanse con respecto á data habitual que adoitaba ser o 28 de marzo, o "día da Reconquista de Vigo" rememorando o ano 1809. O acto terá lugar no teatro Afundación, como en edicións anteriores, ás 20:00 horas. O rexedor tamén avanzou que a lectura do bando correrá a cargo de Luis Espada Recarey, "reitor fundacional da Universiade de Vigo e actualmente Valedor do Cidadán".
martes, 27 feb 2024
O parque de Jenaro de la Fuente, próximo ao instituto Castelao, levará o nome do desaparecido pediatra Juan Luis Villalón. Así o avanzou este martes Abel Caballero ao explicar que o Concello, en resposta á petición dun importante número de cidadáns, renderá homenaxe a un profesional da medicina “moi querido na cidade, cun gran labor, e cunha grande implicación no deporte, especificamente do karate”, tanto coa designación do espazo de xogos como coa instalación dunha placa conmemorativa.
martes, 27 feb 2024
O Concello organiza no Parque Ambiental Municipal de Vigo na Madroa actividades educativas pensadas para as familias que van desde a alimentación da fauna ata o enriquecemento ambiental ou a observación astronómica.