Escoitar

Actividades infantís o 2 e 3 de marzo en Vigo Nature

O Concello organiza no Parque Ambiental Municipal de Vigo na Madroa actividades educativas pensadas para as familias que van desde a alimentación da fauna ata o enriquecemento ambiental ou a observación astronómica.

martes, 27 feb 2024
Cartel de actividades do sábado 2 de marzo
Cartel de actividades do sábado 2 de marzo

O sábado 2 e o domingo 3 de marzo, Vigo Nature énchese de actividades dirixidas ás familias con obradoiros diversos que comezan ao mediodía e rematan a última hora da tarde. As persoas interesadas en participar poden reservar praza de xeito telefónico de luns a venres no número 986267783, e os sábados e os domingos de forma presencial nas instalacións situadas na Madroa.

Actividades do sábado 2 de marzo:

-13:00h. Alimentación nocturama (pequenos mamíferos de nocturama dos que poderá observarse como se alimentan)

- 13:30h. Alimentación exotarium (horario de comida das tartarugas e iguanas)

- 16:15h. O mundo dos réptiles (obradoiro con animais vivos explicando a súa clasificación, importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, curiosidades...)

Enriquecemento llamas (elaboración obxectos alimenticios para as llamas)

- 17:15h. O segredo das sementes (aprendizaxe do funcionamento dunha semente)

Enriquecemento suricatas (fabricación de xoguetes para estes mamíferos)

- 18:15h. A horta, un micromundo cheo de vida (darase a coñecer a biodiversidade que se atopa na horta, centrándose na fauna de invertebrados e nas relacións que manteñen coas plantas cultivadas).

O ceo nocturno (orientación na noite, recoñecemento de constelacións, estrelas e planetas visibles con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da astronomía)

Actividades do domingo 3 de marzo:

- 13:00h. Alimentación nocturama

- 13:30h. Alimentación exotarium

- 16:15h. Coñece os nosos saurios (construción dun legosaurio robótico e coñecemento dos saurios do exotarium, a súa problemática e a estreita relación cos lagartos galegos. Posta en valor destes réptiles).

Enriquecemento lémures (obradoiro para elaborar varios tipos de xoguetes alimenticios para os lémures, unha especie endémica do sur e sueste de Madagascar)

O ceo nocturno (orientación na noite, recoñecemento de constelacións, estrelas e planetas visibles con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da astronomía)

- 18:15h. O mundo dos artrópodos (coñecemento de primeira man de varias especies deste grupo de animais que inclúe insectos pau, cascudas, escaravellos, bolboretas, milpés, escorpións e tarántulas)

A pegada do tempo (achegamento ao mundo da paleontoloxía, pequena escavación na procura distintos fósiles de fauna e flora do pasado)

 

 

 

Cartel de actividades do sábado 2 de marzo
Cartel de actividades do domingo 3 de marzo
Descargar todas as imaxes