Escoitar

O MARCO expón ata agosto a mostra "Dexesando ser" do artista Daniel Verbis

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo exhibe ata o 25 de agosto a mostra “Dexesando ser” do artista Daniel Verbis, comisariada polo director do centro, Miguel Ángel Fernández-Cid. “É unha exposición de arte que "cautiva”, asegurou Abel Caballero no acto de presentación da cita cultural á que convida a participar aos vigueses pola calidade das obras expostas.

venres, 23 feb 2024

“Estamos ante unha visión poética, da poesía a través da imaxe artística”, explicou Abel Caballero ao incidir en que a exposición de Daniel Verbis “cuativa e subxuga”,  e é unha mostra máis da capacidade do MARCO para fabricar cultura.
Daniel Verbis expón na planta baixa do Museo Marco de Vigo unha serie de obras representativas do seu labor artístico e investigadora dos últimos anos.
“Desexando ser “ alude ao momento en que as obras aparentan deterse ante a mirada do espectador. Así queda patente o gusto do artista por mlo orgánico, polo xogo, polo dobre sentido, polo erotismo, e pola orde”.

Descargar todas as imaxes