O Concello aproba o proxecto da nova praza pública entre Hernán Cortés e María Berdiales
A Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o vindeiro martes o proxecto de reparcelamento no ámbito de actuación conxunta da rúa Hernán Cortés, na confluencia de María Berdiales con Doutor Colmeiro Laforet.
O alcalde deu conta este venres da humanización que se acometerá e explicou que a superficie do ámbito supera os 1.700 metros cadrados que permitirán crear unha nova praza pública de máis de 800 metros cadrados e que non terá investimento municipal, xa que a obra estará financiada pola promotora que edificará vivendas.
Tal e como explicou Abel Caballero, trátase dunha zona próxima a un centro educativo e na que existe demanda de espazos públicos e que, nestes momentos, carecía de zona de lecer.